publicidade hoxe

Os areais de Marín serán escenario da andaina da AC Almuinha prevista para esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Desde a A.C. Almuinha informan que este domingo 13 de setembro organizan a primeira dunha serie de andainas dentro do programa “Coñecendo o noso entorno”. Nesta ocasión será o “Roteiro das praias”, duns 9 km e duración estimada de 2 horas e media. A saída está prevista para as 10:00h. da Alameda Rosalía de Castro, e é unha andaina de dificultade baixa.

É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que camiñaran pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.

Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que faran unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.

É un roteiro non circular, polo que sería conveniente que aquelas persoas que poidan deixen un vehículo na Praia do Santo para voltar a Marín ao rematar. Conveniente, mais non imprescindible, pois desde a organización deixaran algún vehículo no final do roteiro.

9 de setembro de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.