publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O último raio de sol de Europa celébrase este sábado na Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Tras o comezo do mes de setembro, onde a volta ao cole e o regreso das vacacións de centos de traballadores é o leitmotiv principal, queda espazo para o lecer para moitos turistas que atoparon neste mes, o seu momento de relax e desconexión. Este é o caso do Hotel Rústico Fontequeiroso. Despois dun mes de agosto marcado polas choivas e as malas condicións climatolóxicas, sorprende a afluencia de visitantes e o interese suscitado por un curioso fenómeno que sucede até o equinoccio de outono: desde o punto máis occidental de Europa, contémplase o último raio de sol do vello continente.

Os turistas vense atraídos por este fenómeno natural que gozamos todos os anos”, indica María del Carmen Leis, responsable do establecemento. “O Cabo Touriñán, a praia de Nemiña e os fermosos pobos da costa, son outros dos grandes atractivos que chaman a atención a turistas de toda España e de diferentes puntos de Europa”, resalta Mari Carmen, que destaca que logo dun mes danado polas choivas, recibe a múltiples visitantes que fan que o seu establecemento sirva de hospedaxe para gozar da paisaxe paradisíaco de Galicia.

A Costa da Morte foi este verán una das zonas máis visitadas de toda a comunidade galega. Tras as Rías Baixas (Sanxenxo, O Grove, Morrazo e Arousa), é un dos puntos de referencia para visitantes de todo o mundo, que ven seducidos pola súa contorna natural que combina montaña e mar. 

Ademais, unha asociación de hostaleiros da zona programan eventos nos que o sendeirismo, a paisaxe, a cultura, a música e a gastronomía son os protagonistas. “Este sábado organizamos un evento desde a Asociación Turismo Rural Muxía Natural titulado Touriñán, solpor de Europa, no que os asistentes realizarán unha ruta desde a Praia de Nemiña até o Cabo Touriñán e poderán gozar dunha degustación de mexillóns, un recital poético e unha actuación folk. E para rematar, unha Gran Queimada… Que viva Galicia!” exclama Mari Carmen Leis. 

17 de setembro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.