publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PSOE de Rairiz denuncia que o concello paga as facturas de luz a unha residencia de anciáns privada

Europa Press

O PSOE de Rairiz de Veiga (Ourense) denunciou este martes que o concello está a “pagar as facturas de electricidade” a unha residencia de anciáns “privatizada” por decisión do alcalde, Xaquín Rodríguez Ambrosio, debido ao “elevado custo” que supoñía o seu mantemento.

A través dun comunicado, os socialistas de Rairiz recordaron que esta residencia se adxudicou a “unha empresa da que é administrador o actual tenente de alcalde da Merca”, José Manuel Garrido (PP), compañeiro de filas de Rodríguez Ambrosio ata que este decidiu abandonar a militancia cando unha sentenza o inhabilitou para cargo público durante oito anos e seis meses.

Así mesmo, evocaron que “a privatización e adxudicación” deste xeriátrico deu como resultado a contratación para o centro “da compañeira sentimental do alcalde e a esposa dun concelleiro” do PP.

Dito isto, censuraron que “mentres se apagan puntos de luz da iluminación pública coa escusa” do aforro, ata o punto de “ter que facer uso dunha lanterna” para andar polo pobo cando anoitece, “estanse a pagar os gastos eléctricos que xera unha empresa privada” e que en ocasións roldan os 2.000 euros.

22 de setembro de 2015 | 21:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.