publicidade hoxe

O proxecto básico de actuación na ría de Noia terá que ser consensuado polas administracións implicadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

O proxecto básico de actuación na ría de Noia terá que ser consensuado e financiado polas administracións implicadas (Concello, Costas do Estado de Portos de Galicia). Así o explicou esta tarde o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na Comisión 8ª do Parlamento.

Durán sinalou que Portos de Galicia está traballando en base a un mandato parlamentario que analice unha alternativa para Noia e agarda a que o goberno municipal e o resto da corporación teña unha postura clara e unha consignación orzamentaria que figure no seu presuposto.

Incluíanse neste proxecto básico dúas actuacións. Por unha banda, o adiantamento do malecón na zona portuaria de dominio público, quedando un tramo restante que xa sería exclusivamente competencia da Demarcación de Costas. A outra actuación consistiría nunha dragaxe da canle de acceso, coa posibilidade de realizar o vertido de parte dese material na enseada interior de Noia e así conseguir unha zona de praia seca.

O presidente de Portos subliñou que “o proxecto terá que estar coordinado e que haberá que estudar as decisións a tomar”. Tras varias reunións que se mantiveron ao longo dos últimos anos co Colectivo Escollera decidiuse conxuntamente que a mellor solución era a de manter a escollera e delimitar a canle de acceso. A continuación, en base a ese criterio, definiríanse outro tipo de actuacións.

22 de setembro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.