publicidade hoxe

O pleno de Brión aproba por unanimidade a Conta Xeral de 2014 que se pecha cun superávit de máis de 706.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Pleno de Brión

Pleno de Brión

O pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade a Conta Xeral de 2014, nunha sesión extraordinaria celebrada esta mañá para poder render a conta en tempo e forma ante o Tribunal de Contas. Unha Conta Xeral que superou o período de exposición pública sen que se presentasen alegacións e co dictame favorable da Comisión de Contas.

A Conta Xeral de 2014 pechouse cun remanente de tesourería para gastos xerais de 716.077,787 euros, así como cun superávit orzamentario por importe de 706.004,54 euros. O grado de execución dos orzamentos foi do 87% e a realización de pagos sobre obrigas recoñecidas foi do 98%, un punto porcentual máis ca en 2013. O gasto por habitante foi de 610,68 euros, un 0,5% máis ca en 2013, mentres que o maior incremento produciuse no investimento por habitante, que chegou aos 272,56 euros fronte aos 69,21 euros do exercicio anterior.

22 de setembro de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.