publicidade hoxe

O Parque de Monticaño acollerá as prácticas de xardinería do obradoiro de emprego xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaArteixo
A-
A+
Visita dos rexedores ao parque de Monticaño

Visita dos rexedores ao parque de Monticaño

Os alcaldes dos Concellos da Laracha e de Arteixo, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, as concelleiras de promoción de económica, Rocío López e Patricia Amado, a directora do obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo: pola capacitación xuvenil 2015-2016 e o mestre da especialidade de xardinería realizaron hoxe unha visita ás instalacións do parque de Monticaño (Arteixo), lugar no que se desenvolverá a parte práctica do citado módulo.

Os presentes puideron coñecer a situación actual desta ampla área verde, onde os alumnos aprenderán a realizar sobre o terreo as diversas actuacións previstas no programa do obradoiro de emprego, como por exemplo a preparación do substrato, utilización dos aparellos, instalación de sistemas de rego e drenaxe, protección de cultivos, operación de recolección, preparación e conservación do material vexetal e instalación de mobiliario de xardóns, sempre aplicando as correspondentes medidas de prevención de riscos laborais e a normativa medioambiental vixente.

Previamente deberán superar a parte teórica, que ocupará por completo as primeiras semanas do obradoiro de emprego e está a ser impartida nas instalacións do novo edificio administrativo da Laracha.

Cabe lembrar que en total son dezanove os alumnos do obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo: pola capacitación xuvenil 2015-2016, todos eles mozos de entre 18 e 25 anos de idade. Dez están na especialidade de xardinería e os outros nove forman a de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Neste caso a parte teórica tamén se realiza no novo edificio da Laracha e a práctica será nas oficinas e rexistro do noso Concello.

Durante os seis meses de duración do programa –que conta co financiamento da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia- os alumnos-traballadores serán formados na súa correspondente especialidade para que poidan mellorar as capacidades, experiencia e coñecementos co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral. Tamén recibirán formación complementaria sobre alfabetización informática, riscos laborais, ensino básico e sensibilización en materias medioambiental e de igualdade de xénero. Ademais, os que non dispoñan do título, terán a oportunidade de formarse para a obtención do graduado en ensino secundario obrigatorio (ESO).

29 de setembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.