publicidade hoxe

O obradoiro de emprego “Castro Alobre” do Grove formará 21 desempregados en mellora de zonas verdes e en traballos de carpintería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+
Cores Tourís na inauguración do obradoiro

Cores Tourís na inauguración do obradoiro

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na inauguración do obradoiro de emprego “Castro Alobre” de Vilagarcía de Arousa, acompañado do alcalde la localidade, Alberto Varela. O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investirá case 190.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 200.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 21 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en instalación e mellora de xardíns e zonas verdes e en traballos de carpintería e moble.

O delegado territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Non podemos esquecer ademais”, engadiu José Manuel Cores Tourís, “que en total son 25 as persoas que grazas a estes obradoiros, obteñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación á directora, á titora e os dous docentes dos cursos. No proceso selectivo contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración.

De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes proxectos. En instalación e mellora de xardíns e zonas verdes formaranse 11 alumnos, dos cales 8 son homes e 3, mulleres, e en traballos de carpintería e moble outros 10, 5 homes e 5 mulleres.

O alumnado traballará durante os próximos seis meses tanto mellorando e instalando zonas verdes e xardíns como elaborando novas pezas de mobiliario para espazos exteriores e interiores da casa do Concello.

José Manuel Cores Tourís aproveitou a visita ao obradoiro de Vilagarcía de Arousa para destacar o “manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”.
De feito, recordou que a actual Xunta de Galicia investiu neste tipo de iniciativas en Vilagarcía case un millón de euros dende 2009.

Pola súa banda, o alcalde, Alberto Varela agradeceu a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacou a importancia de que a Xunta “depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto que permite formar a desempregados do municipio durante 6 meses e finalmente, formalos para poder optar a un posto de emprego no futuro”.

Obradoiros como o de Vilagarcía desenvolveranse nos próximos meses en varios concellos da provincia de Pontevedra. “En concreto, na provincia de Pontevedra, investiranse 3,2 millóns de euros para a posta en marcha destes cursos de formación que beneficiarán a case 500 persoas entre alumnos e profesores, en 20 obradoiros en outros tantos concellos (xa que algúns obradoiros realízanse entre varios concellos), 2 mancomunidades e a Deputación de Pontevedra”, finalizou Cores Tourís.

En toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar destinará un investimento de preto de 10 millóns de euros para realizar obradoiros de emprego, aos que se suman outros 5 millóns para obradoiros destinados á mocidade.

1 de setembro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.