publicidade hoxe

O Grove abre o prazo de inscrición para os voluntarios que colaborarán na Festa do Marisco 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Mañá mércores comezará o prazo para que aquelas persoas que estean interesadas se inscriban no listado de voluntarios e voluntarias para colaborar na Festa do Marisco. Nesta ocasión será requisito imprescindible estar no paro xa que non poderán participar aquelas persoas que conten con contrato de traballo.

A solicitude, que poderá ser presentada no rexistro do Concello no horario habitual de funcionamento, deberá ir acompañada do documento acreditativo de demandante de emprego e consignaranse datos relativos a situación socio-económica do solicitante. Deste xeito o Concello do Grove pretende garantir unha maior racionalidade á hora de reverter os recursos públicos. A inscrición ábrese para tódolos postos que se cobren con voluntarios: limpeza, caixas, cociña, turismo, etc… Para poder facer a mellor distribución do persoal inscrito tamén se solicita información relativa á formación e experiencia.

O Concello reitera, tal e como fora indicado nas reunións con veciñas e veciñas, que se tentará facer correccións neste modelo de traballo buscando as contratacións temporais de persoal para traballar na Festa, garantindo un sistema de selección completamente obxectivo e que supoña unha pequena axuda laboral para persoas en situación de desemprego. 

1 de setembro de 2015 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.