publicidade hoxe

O goberno de Alfoz analiza cos responsables do Servizo de Axuda no Fogar as necesidades do programa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAlfoz
A-
A+
Reunión dos responsables municipais con representantes do servizo

Reunión dos responsables municipais con representantes do servizo

A Concelleira de Benestar Social do Concello de Alfoz, Carmen Gea da Maseda, e o Tenente Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, reuníronse co persoal do Servizo de Axuda no Fogar coa finalidade de realizar unha presentación dos novos cargos e recoller e plantexar ideas para este servizo.

Actualmente o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Alfoz presta atencións a uns trinta usuarios no seu domicilio, atendendo especialmente a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato. O servizo prestado polo persoal do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Alfoz vai desde as atencións de carácter persoal para a realización de actividades básicas na vida diaria dos usuarios, tales como a hixiene persoal, o control alimentario ou incluso trámites administrativos, sanitarios e similares, así como outras de carácter doméstico e da vivenda, tales como a limpeza e o mantemento, a preparación de alimentos, o lavado e coidado de roupa e o apoio da unidade familiar.

A area de Benestar Social do Concello de Alfoz conta con unha Traballadora Social que coordina a un grupo de cinco Auxiliaresde Axuda no Fogar. Ademais o Concello conta cunha Educadora Familiar para atencións de carácterpsicosocial e educativo.

A Concelleira de Benestar Social, CarmenGeadaMaseda, agradeceuo traballo desenrolado polo persoaldeste servizo, “tan importante en concellos rurais cun gran número de persoas maiores” e anunciou que durante o mes de setembro se realizará unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar coa finalidade de substitución de postos de traballo nos suposto de baixas por incapacidade temporal, vacacións ou outras causas que esixan a inmediatez na contratación.

4 de setembro de 2015 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.