publicidade hoxe

O espectáculo gratuíto “Os Bolechas na máquina do tempo” chega a Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

“Os Bolechas na máquina do tempo” é o nome do espectáculo co que as creacións de Pepe Carreiro volverán mañá venres a Brión, onde xa arrasaran tanto coa presentación do seu libro como coa súa actuación no centro social polivalente de hai un par de anos. Con estes antecedentes, as previsións con este novo espectáculo, que mestura teatro e concurso, son de volver encher o aforo dispoñible no Centro Social Polivalente este venres 11 de setembro, ás 19:00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O espectáculo mistura monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de infantil e primaria. A duración media da función é de 60 minutos.

10 de setembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.