publicidade hoxe

O equipo de goberno de Ponte Caldelas inicia en Mirón e Contixe a ronda de contactos cos veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Unha das rondas veciñais

Unha das rondas veciñais

Membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas, encabezados polo seu alcalde Andrés Díaz Sobral, comezaron en Mirón e Contixe unha serie de xuntanzas que os levarán polos 33 núcleos de poboación do municipio co fin de recabar as propostas e suxestións sobre as necesidades que presenta cada un destes lugares de cara a elaborar o orzamento municipal do año 2016.

O alcalde comunicoulle o seu desexo, e o do equipo de goberno, de manter un contacto directo cos veciños en cada lugar para coñecer as súas propostas e suxestións ao tempo que se informará, persoalmente, das decisións adoptadas para garantir a transparencia e a corresponsabilidade de todos no funcionamento do Concello. 

Andrés Díaz salientou que este era un novo modelo de facer política baseado no contacto directo entre o alcalde, e o grupo de goberno, cos veciños para animalos a ser copartícipes das decisións que se levarán a cabo para, na medida do posible, coxestionar os recursos municipais baseados na necesidade de concienciar aos cidadáns de que “teñen capacidade de incidir en qué se van gastar os cartos dos seus impostos e tamén na obriga dos representantes público de ir, xuntarse co pobo e dar as explicacións oportunas de cómo se están facendo as cousas”, sinalou Andrés Díaz 

Tanto en Mirón como en Contixe o alcalde informou da situación económica do Concello cunha débeda que Andrés Díaz cifrou en 1.145.000 euros aproximadamente “o que condiciona moito a capacidade de investimento que temos. Ademais a medida que van pasando os días vemos como temos que facer fronte a “sorpresas” que no admiten demora e que temos que afrontar para correxir auténticas chapuzas que se fixeron mal como no muro de Taboadelo ou na posta en marcha da EDAR de Buchabade que vai supor ao erario público un gasto económico imprevisto desorbitado”, indicou. 

Tamén sinalou que “non é unha cuestión para lamentarse, pero tamén quero que todos os veciños e veciñas teñan clara a situación, que non é doada, pero que a nós nos toca xestionar e o faremos da mellor maneira posible e, sobre todo, coa maior transparencia e eficiencia posible para dar resposta a cuestións herdadas pero que temos a obriga de sacar adiante e, con axuda de tódolos veciños, ímolo facer”, manifestó Andrés Díaz.

Despois dunha breve introdución sobre as razóns da súa presenza en Mirón e en Contixe cedeulle a palabra aos veciños e foi recollendo nun papel as suxestións, propostas e necesidades que foron plantexando os asistentes ás xuntanzas convocadas polo equipo de goberno. 

Andrés Díaz e os membros do equipo de goberno comprometéronse a estudialas e incorporar, dentro das posibilidades económicas e nas prioridades de actuación do Concello as demandas plantexadas.

Finalmente o alcalde e o equipo de goberno comprometéronse a volver a convocar outra xuntanza para explicar as accións realizadas e dar explicacións de todos aqueles temas que lle ocupan e lle preocupan aos veciños e veciñas de Ponte Caldelas.

11 de setembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.