publicidade hoxe

O CSIC e Obra Social “la Caixa” renovan o seu compromiso para acercar a ciencia a Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Emilio Lora Tamayo, e o director xeral da Obra Social “la Caixa”, Jaime Giró Ribas, firmaron a renovación do convenio de colaboración que permitirá desenvolver os proxectos de divulgación Ciudad Ciencia e El mar a fondo durante o curso 2015-2016. En xullo de 2015 cumpríronse cinco años de traballo conxunto nos que ambas institucións acercaron a ciencia á sociedade. Desde 2010, a Obra Social “la Caixa” destinou máis de 1.600.000 € ao programa posto en marcha co CSIC.

Ciudad Ciencia(www.ciudadciencia.es), un proxecto de divulgación científicacuxo fin é que os habitantes de localidades de tamaño medio coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica, xa está presente en máis de 30 municipios españois. Entre eles Cangas, que se sumou a esta iniciativa en 2013. Desde a súa incorporación, o municipio acolleu sete actividades dirixidas a estudantes e público en xeral, entre as que se inclúen exposicións, talleres e conferencias. Como parte da programación de Ciudad Ciencia os habitantes da localidade coñeceron cómo se busca vida no Universo ou asistiron a una sesión de monólogos científicos da man de investigadores e investigadoras do CSIC.

Para o próximo curso, o proxecto estrea web e introduce propostas que van desde novos experimentos sobre agricultura sostible a talleres sobre olfacto e cerebro, e clubs de lectura cos últimos títulos das coleccións de divulgación do CSIC.  

En Cangas, Ciudad Ciencia continuará ofertando actividades de divulgación científica no municipio, estando actualmente en coordinación co Concello de Cangas para concretar as actividades que poñerán en marcha nestes últimos meses do año, dirixidas tanto a centros escolares como ao público en xeral.

Pola súa parte, El Mar a fondo (www.elmarafondo.com) céntrase el fomentar o coñecemento sobre o medio mariño entre estudantes de Primaria e Secundaria a través de recursos para docentes e educadores que inclúen audiovisuais, guías didácticas e experimentos.

“Estes proxectos están demostrando a súa utilidade para xerar un entorno de diálogo coa comunidade investigadora que permite coñecer de primeira man a actualidade científica e técnica, por iso apostamos por amplialos e dotalos de máis recursos”, explica o director xeral da Obra Social “la Caixa”, Jaime Giró Ribas. O presidente do CSIC destaca que “todos os municipios participantes valoraron positivamente a súa adhesión a Ciudad Ciencia pola variedade de actividades e sobre todo porque son os propios investigadores e investigadoras os que se desprazan á localidade para contarlles o seu labor de forma sinxela e comprensible para todos”.

Ao longo do curso 2015-2016 Ciudad Ciencia seguirá crecendo coa incorporación de novas localidades. Así mesmo, El mar a fondo estará presente en varias cidades españolas organizando actividades para estudantes e público familiar.  

3 de setembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.