publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dunha furgoneta falece en Bóveda tras chocar contra un camión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBóvedaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dunha furgoneta faleceu tras chocar contra un camión no municipio de Bóveda (Lugo), na estrada LU-652, segundo informou o servizo de emerxencias 112. Sobre as 14,00 horas, un particular deu aviso do accidente que se produciu cando a furgoneta chocou contra o camión, cargado con cabezas de gando. A vítima quedou atrapada no interior da furgoneta, sendo necesario utilizar un equipo de excarceración.

Ao lugar, trasladáronse efectivos dos Bombeiros de Monforte, ademais de axentes da Garda Civil de Tráfico, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense. Finalmente, non se puido facer nada para salvar a vida ao condutor. Debido ao sinistro, tamén se desprazaron á zona membros do Servizo de Limpeza e Mantemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

23 de setembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.