publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun tractor facele no Incio tras sufrir un accidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO IncioPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home morreu este xoves no Incio (Lugo) tras sufrir un accidente co tractor que manexaba nunha leira situada no lugar de Eirexalba, segundo informa o 112. Os bombeiros de Sarria tiveron que intervir para rescatar á vítima, que quedara atrapada baixo o motocultor, e non puideron facer nada para salvarlle a vida.

Un particular deu o aviso ás 15,50 horas deste xoves e o persoal do centro de atención ás emerxencias activou entón un operativo no que ademais dos bombeiros e os servizos sanitarios de urxencia participaron os axentes da Garda Civil e de Protección Civil do Incio.

3 de setembro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.