publicidade hoxe

O Concello do Grove porá en marcha un cambio de dirección da Rúa das Barqueiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove ven de aprobar un cambio de dirección que foi proposto polos veciños e veciñas da Rúa Pintor Ernesto Goday. Deste xeito na confluencia desta Rúa coa Rúa Barqueiras poderase facer o xiro a dereita ou a esquerda, axilizando a saída desta zona cara a Rúa Castelao.

Esta modificación supón, polo tanto, a prohibición do xiro da Rúa Luís Casais á Rúa Barqueiras manobra que, por outra banda, supuña unha especial complexidade e de risco pola baixa visibilidade na incorporación e o problemático cruce dende as Rúas Castelao e Pombal.

A posta en marcha deste cambio require de cambios de sinaléctica e de marcas de estrada, que serán realizadas nos vindeiros días. 

15 de setembro de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.