publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Vilalba fará a ofrenda á Patrona da Diócese Mondoñedo – Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedoVilalba
A-
A+

Mondoñedo vai acoller este domingo día 13, ás 12.00 horas, un acto fortemente vencellado á historia de Galicia: a ofrenda á Virxe dos Remedios, Patrona da Diócese de Mondoñedo-Ferrol. Nesta ocasión, o Rexedor ao que lle corresponde levar a cabo a ofrenda é Gerardo Criado Guizán, alcalde de Vilalba, pero un ano máis, o acto contará coa presenza de representantes do mundo institucional, académico, cultural e cidadán de toda a Diocese.

A alcaldesa mindoniense, Elena Candia, quere dar as grazas, de antemán, a todas as persoas que o domingo van asistir a este acto. E tamén a todas as que, desde a comisión organizadora das Festas e desde a Diocese de Mondoñedo-Ferrol, fan posible que esta ofrenda se siga celebrando coa solemnidade e a brillantez de sempre. Trátase dun acto que non ten para Mondoñedo custo económico ningún, cousa especialmente importante nestes tempos de necesaria austeridade, pero que non por iso deixa de brillar con luz propia. A Ofrenda dos Remedios, que se leva a cabo no templo que no século XVIII reedificou o Bispo Sarmiento (un dos prelados ilustrados espańois por excelencia), ten un lugar de honor no corazón de Galicia. 

11 de setembro de 2015 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.