publicidade hoxe

O Concello de Salvaterra pon a disposición dos veciños dous autobuses gratuítos para acudir a manifestación do hospital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello pon a disposición dos seus veciños dous autobuses gratuítos  que saíran da praza do Concello ás 18.30 para asistir a manifestación do novo hospital, recomendase aos veciños que veñan con antelación para saír a hora en punto pola dificultades do tráfico que poidan ocorrer.

O Pleno do Concello de Salvaterra de Miño aprobou  solicitar á Xunta de Galicia que se melloren o servicios do Hospital Álvaro Cunqueiro

O Alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal presentou unha moción ao Pleno da Corporación referente a falta de sinalización para acceder ao Hospital, transporte público dos veciños e o aparcamento gratis ou a precios baixos ou tamén unha zona de aparcamento ao aire libre. Durante o Pleno todos os Grupos Políticos consensuaron a moción, quedando aprobada nos seguintes termos:       Solicitar a Xunta de Galicia:  Que nos seus accesos dende autopista, autovía, carreteras secundarias, etc se sinalice en condicións a situación do novo hospital. Que o transporte público dos veciños deste Concello e Condado- Paradanta sexa mellorado dentro do transporte da Área Metropolitana. Que o aparcamento sexa gratis. Solucionar os problemas nas instalacións do Hospital e dotalo do material necesario para desenvolver as súas actividades.

1 de setembro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.