publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas realizará inspeccións para comprobar se o crematorio da Reigosa se axusta á normativa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas levará a cabo unha serie de inspeccións exhaustivas, entre elas a urbanística e construtiva, para comprobar si o crematorio da Reigosa se axusta a tódalas normativas de obrigado cumprimento ao constatar un forte ritmo, “unha urxencia sospeitosa”, imposto pola empresa funeraria nas obras de construción do inmoble que alberga esta actividade co fin de iniciar a súa actividade de maneira urxente.

O goberno municipal de Ponte Caldelas segue a manifestar o seu total desacordo coa ubicación escollida, e permitida polo ex alcalde Perfecto Rodríguez, para instalar este crematorio, nun lugar do parque empresarial da Reigosa moi preto dun grupo de vivendas, xunto ás instalacións deportivas e ao carón dun centro de formación e capacitación profesional. 

Por elo, o grupo de goberno está a impulsar unha modificación do plan sectorial desa franxa máis próxima ás vivendas co fin de decretar unha protección especial para evitar que ningunha empresa contaminante poda instalarse alí. Esta medida non afectaría ás xa existentes, pero sí protexería á poboación de cara ao futuro. “É un trámite relativamente sinxelo ante Xestur, que xa temos en marcha, e que si o tivera feito o anterior goberno non se podería instalar o crematorio aí”, sinalaron desde o goberno municipal. 

Lembrar que a licenza de construción do crematorio atópase inmersa nun proceso xudicial interposto pola Comunidade de Montes da Reigosa todavía por sustanciar razón que poidera motivar o acelerado ritmo das obras imposto pola empresa funeraria co fin de condicionar futuras resolucións neste sentido. 

Este crematorio deberá superar unha serie de inspeccións e parámetros medioambientais de periodicidade mensual, anual e bianual que requerirán dun exhaustivo control por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para concederlle a devandita autorización, “moi pendente da cal estará o Concello de Ponte Caldelas e exixiremoslle que as presente para a tranquilidade dos veciños posto que estamos a tratar dun tema moi sensible desde o punto de vista da sanidade pública”, sinalaron desde o equipo de goberno municipal.

“MENTIRAS” DE PERFECTO RODRÍGUEZ E UNHA SUBVENCIÓN DE 80.000 DE FONDOS EUROPEOS OTORGADOS POLO GDR DO QUE O EX ALCALDE ERA SECRETARIO

O equipo de goberno amósase tamén sorprendido ao comprobar que, “temos detectado que na práctica habitual do Concello cando unha empresa quere mercar un terreo e iniciar unha actividad soe porse en contacto coas oficinas municipais para interesarse por si hai algún problema antes de efectuar o seu investimento o que nos ven a corroborar que Perfecto Rodríguez mentiu aos veciños da Reigosa cando dixo que non se instalaría ningún crematorio no polígono cando sabía perfectamente que eso non era así”, sinalaron desde o equipo de goberno. 

“Tamén resulta curioso —afirman desde o equipo de goberno— que nun gran cartel que preside as obras do crematorio se poda ver como aparece unha subvención de 80.000 euros para esta actuación, procedente de Fondos Europeos e concedida polo GDR Pontevedra-Morrazo, do que era secretario Perfecto Rodríguez. Desde logo resulta curioso como o que no seu día chamábamos amizades perigosas agora vemos que poideran ir máis alá…”

O equipo de goberno requerirá do GDR Pontevedra-Morrazo información exhaustiva sobre o tema “co fin de determinar a idoneidade deste proxecto para poderse beneficiar dunha subvención tan substanciosa e comprobar si realmente esta iniciativa é de interese xeral para a comunidade e, polo tanto, goza do beneprácido da Unión Europea”, sinalaron desde o equipo de goberno.

Esta explicación urxente ao GDR Pontevedra-Morrazo “demandarase de xeito inmediato, unha vez que se volva a constituir este organismo toda vez que a representación municipal nos seus órganos de goberno téñense que actualizar xa que despois das últimas eleccións locais mudou bastante o panorama político nos concellos que o conforman”, indicaron desde o goberno local de Ponte Caldelas.

11 de setembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.