publicidade hoxe

O Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de CONT4 Xestión en outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, abre o prazo de inscrición nun curso gratuíto de CONT4 Xestión, que pretende ofrecer ao alumnado unha formación global para a realización da maioría das operacións cotiás dunha empresa. As persoas interesadas en participar poden reservar unha das 15 prazas convocadas a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.es/es/actividade/14815.

Este curso formativo contará con 28 horas lectivas e impartirase do 5 ao 15 de outubro, de luns a xoves, en horario de 16:00 a 20:00 horas. O curso está recomendado especialmente para aquelas persoas que, tendo coñecementos básicos de contabilidade e facturación, desexen coñecer o funcionamento de CONT4, ben como complemento á súa formación ou para xestionar unha pequena e mediana empresa. Durante o curso realizaranse as titorías na propia aula e, unha vez rematado, haberá un prazo de 15 días para calquera consulta ou dúbida.

22 de setembro de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.