publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Curtis incrementa a oferta de actividades coa Escola de Running e as ClassBand de música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Os veciños curtienses poderán inscribirse até o día 24 deste mes de setembro nos talleres e cursos e nas actividades deportivas e relacionadas coa saúde organizadas polo concello e que se desenvolvesen desde outubro nas instalacións municipais de Curtis e Teixeiro.

Entre as actividades deportivas do programa, pensado para todas as idades, inclúese o fútbol sala e o fútbol campo, multideporte (badminton, atletismo e balonmán), patinaxe, ximnasia artística e de mantemento para maiores, zumba, pilates-streching, mantemento integral para adultos e baile. Ademais, porase en marcha a Escola Municipal de Running, unha das demandas detectadas e que pretende tamén ser unha canteira de atletas para a Carreira Popular, que se organiza desde hai dous anos no municipio.

O Concello tamén programou talleres de coiro e de manualidades, ademais de pór en marcha a ClassBand, onde se impartirán clases para aprender a tocar instrumentos de corda e de percusión.

Para os maiores, ademais das actividades deportivas, desenvolveranse talleres de memoria e de prevención da demencia. Os interesados en participar poden formalizar xa as inscricións nas oficinas municipais de Teixeiro, na Casa Consistorial, e en Curtis, no Recinto Feiral.  As actividades iniciaranse o 1 de outubro, salvo o fútbol sala e o fútbol campo, que comezarán o día 15.

Actividades gratuítas

Complementarán esta programación municipal outra serie de actividades de carácter gratuíto no marco dos programas de Conciliación da Montaña Coruñesa e de Educando en Familia, este último pensado para a atención de nenos de 0 a 3 anos de idade acompañados dos seus pais. Ademais, impartiranse talleres de informática e de inglés. 

9 de setembro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.