publicidade hoxe

O Concello de Carral organiza unha viaxe cultural a Guadalajara e Alcalá de Henares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para a ponte festiva do Pilar unha viaxe de carácter cultural ás cidades de Guadalajara e Alcalá de Henares, visitando tamén as de Ávila e Segovia.

O prezo por persoa é de 180 € e cubre todos os gastos da viaxe, con estancia en hotel de catro estrelas en Gaudalajara.  A viaxe comezará o 10 de outubro e rematará o día 12, facéndose todos os traslados en autocar. 

A Concellería de Cultura abrirá o prazo para inscribirse o luns 21 de setembro e pechándoo o sábado 3 de outubro. As prazas son limitadas e para obter máis información ou inscribirse deberán dirixirse á Casa da Cultura de Carral.

18 de setembro de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.