publicidade hoxe

O Concello de Carral organiza unha excursión ao santuario de Santa Minia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, organiza unha excursión ao santuario de Santa Minia en Brión, prevista para o sábado 26 de setembro. Esta viaxe inclúe un paseo pola feira de Riveira, o xantar con baile no restaurante O Trapeiro e a visita pola tarde ao santuario.

A actividade está dirixida fundamentalmente para pensionistas, aínda que tamén se poden apuntar outras persoas adultas. O prezo para os socios do centro municipal da terceira idade é de 20 euros, mentres que para os restantes é de 28 euros. 

As inscricións faranse na Casa da Cultura ata o 21 de setembro e os pagamentos na sucursal carralesa de Abanca.

3 de setembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.