publicidade hoxe

O Concello de Cangas encárgase do futuro de Massó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Reunión para estudar o proxecto

Reunión para estudar o proxecto

Esta mañá reuníanse na sala de xuntas do Concello de Cangas a concelleira de Medio Ambiente, Tania Castro e o concelleiro de Urbanismo, Mariano Abalo con representantes de Abanca para tratar a actual situación dos terreos de Massó. Nesta reunión, Abanca confirmou aos concelleiros que nun corto prazo de tempo, será a propietaria do 100% das extensións de Massó.

Dende o concello, esixíuselles a limpeza inmediata dos terreos unha vez sexan os propietarios definitivos e Abanca mostrou a súa predisposición. De feito, serán os técnicos do concello e a concelleira de Medio Ambiente os encargados de indicar a maneira de proceder. “En primeiro lugar, limpiaranse as zonas máis cercanas ás vivendas para continuar ata a limpeza do 100% das propiedades de Abanca en Massó” afirma Castro.

Ambas partes, así mesmo, formarán unha mesa de traballo co obxectivo común de recuperar, protexer e adecuar o entorno tanto da Lagoa da Congorza como de Massó. “Foi complicado chegar ata este punto, son moitos os organismos, institucións e propietarios privados os que interveñen nestes terreos, pero con traballo, dedicación e esforzo, poderemos afrontar a protección desta zona verde e conseguir a denominación de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) tal e como a veciñanza de Cangas solicita”.

Finalmente, o concelleiro de Urbanismo, Mariano Abalo, urxiu que se concrete a cesión ou autorización que permita recuperar a rampla da baleeira e continuar o paseo marítimo. Así mesmo, “procederase a ter unha nova reunión tanto para recuperar os edificios catalogados como para definir o tratamento e xestión urbanística dese ámbito” comunicou Abalo.

29 de setembro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.