publicidade hoxe

O Concello de Cangas cede un local para a asociación contra o cancro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Sinatura do acordo de cesión

Sinatura do acordo de cesión

O Concello de Cangas asinaba esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para autorizar o uso gratuíto e en precario por parte desta asociación do antigo despacho da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade. O local está situado na segunda planta do Centro Sociocomunitario Municipal e estará adicado á realización exclusiva das súas actividades.

A presidenta provincial da asociación, María José Crespo, agradeceu a cesión do local, que suporá un avance positivo para os enfermos xa que, entre outras cousas, evitará que estes se despracen. A presidenta recalcou a importancia da prevención para evitar que a enfermidade vaia a maiores e conseguir así que aumente a porcentaxe de cura.

Pola súa banda, o concelleiro de Benestar, Tomás Hermelo, gabou o traballo realizado durante todo o ano pola asociación en Cangas e calificou a cesión coma “un reforzo ás colaboracións que mantén o Concello coa asociación”. Dende Cangas, os responsables da asociación recordaron que na vila hai diferentes cursos gratuítos tanto para persoas enfermas como para os familiares (de labores, costura…) así coma clases de pilates semanais gratuítas impartidas no “California Gym”.

8 de setembro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.