publicidade hoxe

O Concello de Ares demanda o restablecemento do servizo de autobús dos sábados nas parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

Ante as queixas recibidas por parte dos veciños e veciñas pola supresión da liña de autobús dos sábados pola mañá que une as localidades de Cervás, Chanteiro e Redes con Pontedeume, o Concello de Ares informa de que esta a realizar xestións ante a empresa responsable do servizo, Arriva, e a dirección xeral de Mobilidade para o restablecemento do servizo.  Neste sentido, dende o Concello inciden na necesidade de mantemento desta ruta, xa que deixar aos veciños das parroquias sen esta conexión supón un gran prexuízo para os usuarios, que na súa maioría non dispoñen doutro medio de transporte para desprazarse, o que ademais  repercute directamente no despoboamento rural.  

Os responsables municipais anuncian que continuarán a realizar as xestións oportunas ante a empresa Arriva e a Xunta, co fin de acadar unha solución satisfactoria e inmediata a esta situación.

11 de setembro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.