publicidade hoxe

O Concello da Laracha acomete melloras nos parques infantís dos centros de ensino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Mellora dos parques infantís

Mellora dos parques infantís

O Concello da Laracha está a acometer unha serie de actuacións de mellora, mantemento e posta a punto dos centros de ensino de cara ao curso escolar 2015-2016 que principiará o xoves da próxima semana. Entre as actuacións que se están a desenvolver inclúense a renovación dos parques infantís situados no interior destes ámbitos escolares escolares, contemplándose a substitución dos xogos que así o requiran, a reparación de pezas, renovación do solo de caucho para unha maior seguridade dos usuarios e, en definitiva, a modernización destas áreas de recreo para os nenos.

As mesmas actuacións realizaranse durante os próximos días –en todos os casos, antes do xoves 10 de setembro- nos parques infantís do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e nos das escolas unitarias de educación infantil (EEI) A Revoltiña de Soandres e Cumiáns de Montemaior. 

No caso do CEIP Otero Pedrayo da Laracha acometeranse exclusivamente traballos de mantemento e limpeza dado que o parque infantil será trasladado en breve a outra zona debido á reorganización dos espazos interiores e dos accesos ao recinto escolar que están previstas para adaptarse ás novas características do colexio, no que están actualmente en fase de construción un novo aulario e un pavillón polideportivo.

No termo municipal da Laracha existen en total dezaoito parques infantís públicos situados nos centros de ensino, nas vilas e tamén en zonas rurais nos principais puntos de encontro e reunión dos veciños residentes nas parroquias. A esta primeira fase do plan de melloras de ditos parques que se está a levar a cabo e que afecta aos situados nos centros de ensino, o Concello da Laracha destinará uns 40.000 euros.

3 de setembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.