publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Club Piragüismo Penedo gaña en Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMondariz
A-
A+

O pasado sábado disputábase no río Tea ao seu paso por Mondariz a sexta proba da liga Galega de Promoción de Slalom. O triunfo na clasificación xeral de clubs foi para o Club Piragüismo Penedo cun total de 251 puntos, a segunda posición foi para o Club Piragüismo Dumbría con 211 puntos e a terceira praza foi para o Club Piragüismo Tea con 186 puntos.

Con este triunfo o Club Piragüismo Penedo mantén o liderado na clasificación xeral da liga até a disputa o vindeiro domingo 4 de outubro que se celebrará o Campionato Galego de Promoción de Slalom Olímpico na  localidade de Arbo no río Miño, esta proba será a última da tempada.

Os triunfos nas diferentes categorías foron para:

Nome

Categoría

Club

Noa Díaz

Muller Benjamin K1

Club Montaña Quixos

Roxana Bernárdez

Muller Alevín K1

Club Tea de Mondariz

Lorena Costa

Muller Infantil K1

Club Piragüismo Dumbría

Daniel Pérez

Home Infantil C1

Club Piragüismo Penedo

Lucía Sánchez

Muller Infantil C1

Capitán Nemo

Valentían Varela

Home Benjamín K1

Club Piragüismo Penedo

Hipólito Alves

Home Alevín K1

Club Piragüismo Penedo

Nicolás Díaz

Home Infantil K1

Club Montaña Quixos

30 de setembro de 2015 | 11:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.