publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Club de Mar Ría de Aldán logra a vitoria no Trofeo Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosDeportesO Grove
A-
A+
Club de Mar Ría de Aldán

Club de Mar Ría de Aldán

O Club de Mar Ría de Aldán logra o triunfo na 1º edición do Trofeo Rías Baixas, en segunda posición conseguiuna o Club Kaiak Tudense e a terceira praza do podio conseguiríaa o Club Piragüismo Vilaboa. A embarcación do Club Kaiak Tudense composta por Diego Piña, Roi Rodríguez, Gabriel Campo e Rubén Millán impúxose na modalidade de K4 por diante do Club Piragüismo Vilaboa e o Club Naval de Pontevedra.

Na modalidade de home C4 a vitoria sería para unha embarcación mixta composta por Tono Campos, Cristian Ribadomar, Miguel Castro todos eles do Breogán do Grove e Jose Manuel Sánchez do Club Náutico Betanzos, o segundo caixón do podio foi para o Club As Torres e o terceiro para o Club Kaiak Tudense.

O Club de Mar Ría de Aldán levaría a vitoria nas mulleres K4, Araceli Menduiña, Carmela Menduiña, Jesica Moledo e Noelia Moledo impuxéronse ao ClubKayak Tudense que foi segundo, terceira sería a outra embarcación do Club de Mar Ría de Aldán.

A entrega de premios realizouse diante do edificio de deportes náuticos do Grove á que asistiron a deputada provincial de deportes xunto cos concelleiros de deportes dos concellos de Cambados e O Grove, todos eles acompañados polo presidente da Federación Galega.

6 de setembro de 2015 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.