publicidade hoxe

O circuíto SX “Alex de Moure” acolle o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, a Deputación da Coruña, o corpo de Protección Civil do Concello de Santiago e o salón de beleza Paula de Bertamiráns, organiza este domingo, 4 de outubro, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2015”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure” e que está situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán os mellores pilotos de Supercross de Galicia.

Esta proba está incluída na Dagan Cup, que actualmente é a única competición de supercross que se organiza en Galicia. Trátase dun evento non oficial, interprovincial e non federado, de acordo coa actual normativa galega de deportes, e na que se dan cita os mellores pilotos galegos desta modalidade deportiva xa que actualmente non existe outra proba federada de supercross. A Dagan Cup 2015 está composta de nove probas, das cales dúas desenvólvense en Ames.

Esta é a segunda proba que se organiza este ano no novo circuíto SX “Alex de Moure”, que conta con máis de 17.000 metros cadrados de superficie e cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición. Este recinto dispón dunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.

O prazo de inscrición estará aberto ata a media noite deste xoves, 1 de setembro. Ata o de agora hai 48 inscritos, pero dende a organización agardan que este número siga incrementándose ata os preto de 70 pilotos que participaron na proba que se disputou en Ames no mes de xuño. As inscricións realízanse na páxina web: http://www.magmasports.es. Os participantes estarán divididos en seis categorías diferentes: elite, veteranos, promoción, 85 cc, alevín (50 cc e 65 cc) e hobby que son os que se inician neste deporte.

29 de setembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.