publicidade hoxe

O CIM do Grove pon en marcha obradoiros dirixidos a mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O martes, 22 de setembro celebrarase no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul) un Obradoiro de Autoestima organizado polo Centro de Información á Muller do Concello do Grove en colaboración con Avante. Este obradoiro está dirixido á mulleres a partires dos 18 anos e terá lugar en horario de 17.00 a 18.30 horas. Para participar tan só é necesario inscribirse no CIM (Edificio Administrativo).

Trátase da primeira dunha serie de actividades que o CIM do Concello do Grove está poñendo en marcha e que se celebrarán nas vindeiras semanas. Así entre o 9 ó 30 de setembro terá lugar un Módulo de Igualdade de Oportunidades e o vindeiro 14 de outubro será outro Obradoiro, nesta ocasión de Estimulación cognitiva. Deste xeito incídese na formación das mulleres do concello, traballando aspectos fundamentais para loita contar a desigualdade de xénero ou para a mellora dos seus recursos emocionais e cognitivos.

Igualdade en marcha 

Ademais destas actividades xa programadas o Concello do Grove está traballando con máis iniciativas para o cal serán convocados proximamente o Consello Local de Igualdade e a Mesa da violencia de xénero. Estase facendo tamén especial fincapé na organización de actividades nos centros educativos, cos que se están mantendo reunións de cara a posta en marcha de actividades de igualdade. 

5 de setembro de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.