publicidade hoxe

O Carballiño abre o prazo para solicitar as axudas para adquisición de libros de texto para o presente curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Área de Educación do Concello do Carballiño, que dirixe o edil Diego Fernández, informa da apertura do prazo para solicitar as axudas destinadas a adquisición de libros de texto para o presente curso 2015/16. Estas axudas van dirixidas as familias de menor poder adquisitivo que cumpran os seguintes requisitos:

-Estar empadroados todos os membros da familia no concello do Carballiño cunha antigüidade minima dun ano.

-Estar matriculado en centros escolares públicos ou concertados, en educación infantil ou bacherelato, e non repetir curso.

-Ter una renda per cápita annual que non exceda uns igresos netos de 4.000 euros.

No caso de coincidiren os ingresos de varias familia e non haber crédito orzamentario suficiente, o concello detar en conta outros criterios para a concesión destas axudas, como as minusvalías, ser familia numerosa, ou o número de entrada no rexistro municipal.

Os destinatarios destas axudas serán as familias que teñan fillos matgriculados en 1º, 2º ou 3º de educación infantil, ou en 1º e 2º de bacharelato. Para conceder estas axudas está destinada una contía de 5.000 euros, sendo o reparto da seguinte forma: 90 euros para 1º  e 2º de educación infantil, 110 para 3º de educación infantil, e 190 para bacharelato.

As solicitudes para acceder a estas axudas deberán cubrirse no impreso oficial que se falicitará no propio Concello do Carballiño.

23 de setembro de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.