publicidade hoxe

O BNG da comarca A Estrada-Deza apoia as demandas de Apropriga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAgoladaCerdedoDozónForcareiLalínRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

Os traballadores do SPDCIF ( Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais), pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar, vémonos na obriga de denunciar a situación na que se atopa o Servizo Público do que formamos parte e por cuxa defensa nos expresamos co fin de que se coñeza cal é situación na que nos atopamos e solicitar, á súa vez,  o apoio da sociedade galega no seu conxunto e, así mesmo, o das institucións e organizacións representativas da mesma.

O Spdcif foi sempre un modelo de referencia en toda España, tanto pola súa efectividade como polo seu carácter de servizo cen por cen público ó servizo da cidadanía na protección do medio natural de Galicia. Fronte a esta realidade, atopámonos na actualidade cun modelo de prevención e extinción e incendios fragmentado a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións, que está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia.

O desmantelamento paulatino do Spdcif con estas políticas de disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e a privatización doutra, está a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural en Galicia ó non recoñecer a nosa labor profesional como bombeiros forestais, ó precarizar ás condicións nas que traballamos ou ó negarnos a estabilidade laboral.

Así mesmo, consideramos que, non só se está a desprezar o noso traballo por  non ser considerados un corpo de emerxencias senón que, ademais,  estase a desaproveitar o verdadeiro potencial do Spdcif e os seus profesionais no eido das emerxencias no rural.

Diante desta situación de emerxencia, ós profesionais, decidimos solicitar o apoio da sociedade galega dende a firme convicción da nosa defensa do Spdcif como servizo público ó servizo da cidadanía xa que consideramos que, agora mesmo, atópase en verdadeiro perigo de extinción.

Dende estas premisas, os traballadores do Spdcif SOLICITAMOS O SEU APOIO nas nosas reivindicacións e que son as seguintes:

DEFENSA DO SPDCIF COMO SERVIZO ÚNICO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

É necesario voltar a un servizo público, único e profesionalizado de prevención e extinción de incendios forestais comomellor garante de que se está a prestar o mellor servizo e rematar, dunha vez, coa fragmentación e a privatización que nunca deberon iniciarse xa que só se basean en intereses que non benefician ó noso medio natural.

Un Servizo Público, a cuxos profesionais,lles sexa recoñecida a labor que xa desenvolven nas emerxencias en Galicia, como tal corpo, o que redundará no adecuado desenvolvemento das potencialidades no eido das emerxencias do rural que, na actualidade, non temos.

CONVOCATORIA DUNHA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO E COBERTURA DE VACANTES

É necesaria a cobertura de todas as vacantes que actualmente hai no Spdcif rematando, así, coa progresiva amortización de prazas co único fin de ir desmantelando pouco a pouco este servizo público. Igualmente, é necesario que haxa unha inmediata convocatoria da Oferta Pública de Emprego para todo o Spdcif que remate coa precariedade e incerteza na que se atopan un elevado número de profesionais interinos do Spdcif.

ESTABILIDADE LABORAL E PROFESIONAL

No camiño da profesionalización do Spdcif é necesario garantir a estabilidade laboral dos seus traballadores.

É necesariosolucionar a problemática dos fixos descotinuos de 9 meses para darlles continuidade ata os 12 meses e poder realizar eficazmente as labores de prevención que ten asignadas este Servizo.

É necesario ampliar o tempo de contratación dos traballadores de 3 meses para establecer o equilibrio entre estabilidade laboral, profesionalización e necesidades específicas de persoal.

É necesario abordar a modificación do Decreto de Listas que regula a cobertura de prazas con carácter transitorio e a contratación temporal de persoal laboral do Spdcif para atender ás peculiaridades e necesidades específicas deste servizo garantindo unha mellor xestión e fluidez delas e atendendo especificamente a problemática dos traballadores por elas regulados.

RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE BOMBEIRO FORESTAL

Este recoñecemento supóndarlle valor á labor que desenvolvemos na defensa dos nosos montes, do medio natural e da cidadanía  facendo visible ó noso traballo; que se nos valore social e institucionalmente;  que se nos forme dacordo coas necesidades específicas do noso traballo como corpo de emerxencias; que se establezan medidas adecuadas e eficacesno eido da prevención de  riscos;así como o recoñecemento da natureza penosa, perigosa, tóxica e insalubre o noso traballo diante da Seguridade Social.

23 de setembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.