publicidade hoxe

O atrio da igrexa de Fruíme acollerá a proxección do filme “Blancanieves”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O atrio da igrexa de Fruíme acollerá este venres 18 de setembro, ás 21:30 horas, a proxección da película “Blancanieves”, incluída dentro do ciclo “Noites de Cine”, organizado pola Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Lousame. A asistencia é totalmente de balde. En caso de chuvia, a proxección trasladaríase á Casa da Cultura de Lousame.

“Blancanieves” é unha película española de 2012 dirixida por Pablo Berger e inspirada no coñecido conto de fadas dos Irmáns Grimm. Premio Especial do Xurado na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián e Premio Ariel, foi seleccionada por España para os Premios Óscar na categoría de Mellor película de fala non inglesa. Unha película para todos os públicos que imita os modos de narrar do cinema mudo, con fotografía en branco e negro e a música como elemento condutor.

15 de setembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.