publicidade hoxe

O alcalde de Vigo eleva a poboación da futura área metropolitana a preto dos 600.000 habitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigoVilaboa
A-
A+
Caballero na reunión co alcalde de Vilaboa

Caballero na reunión co alcalde de Vilaboa

Abel Caballero respaldou esta mañá a solicitude do alcalde de Vilaboa de formar parte da área metropolitana. Con este municipio, o número de membros deste ente pasaría dos 14 actuais a 18, tendo en conta que tamén solicitaron a súa entrada Tui, Tomiño e A Guarda.

Abel Caballero trasladou esta mañá os medios o interese do alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, de formar parte da área metropolitana. Logo de garantirlle o seu apoio, o rexedor vigués lembrou que este municipio súmase así a Tui, Tomiño e A Guardia, que tamén queren formar parte deste ente supramunicipal a pesar de non estar entre os 14 que conforman a actual área. Tal e como indicou, esta ampliación elevaría a poboación da futura área a preto dos 600.000 habitantes.

22 de setembro de 2015 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.