publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Curtis reclama á Xunta que cubra a baixa do Centro de Saúde de Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, reclamou á Xunta de Galicia que cubra de maneira ininterrompida cun mesmo profesional a baixa da médica titular do Centro de Saúde de Teixeiro ata que esta póidase incorporar de novo ao seu posto de traballo.

O rexedor fixo chegar esta solicitude vía telefónica e por rexistro á Delegada Territorial da Xunta, á Xefa Territorial da Consellería de Sanidade e ao responsable da Dirección de Procesos despois de que nos últimos meses esta praza médica se fose cubrindo con diferentes profesionais. “Levamos varios meses nos que cada vez que os pacientes se achegan á consulta do Centro de Saúde son atendidos por un médico diferente”, aclara Caínzos, quen sostén que “recibimos numerosas reclamacións dos veciños, e con razón, porque é evidente que non se pode prestar un bo servizo se cada día son atendidos por profesionais distintos”. 

A Xefa Territorial da Consellería de Sanidade, Cristina Pérez, manifestou esta mañá a súa receptividade e a da Dirección de Procesos para liquidar este problema.

1 de setembro de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.