publicidade hoxe

Novas datas para a I Andaina da senda do río Mendo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro de Corzáns, realizará o próximo domingo 4 de outubro, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, unha andaina guiada polo patrimonio histórico e etnográfico próximo á recentemente constituída, por parte do Concello,  Senda do Río Mendo

A visita contará coas explicacións dunha historiadora da zona, comezando o percorrido ás 10:00 horas na Quinta do Piñeiro, lugar onde todos os anos a asociación realiza a súa tradicional “sementeira”.

Esta andaina ten como obxectivo dar a coñecer a foráneos e visitantes recunchos do Concello de Salvaterra, dun alto valor paisaxístico e histórico. Ofrecéndonos a posibilidade de visitar lugares como o espectacular Portal da Inquisición, o muíño da Ponte (un dos poucos que aínda se manteñen en funcionamento da contorna) ou o Pazo de Petán, un magnífico exemplo da arquitectura civil no século XVIII. Así como outros elementos etnográficos, arquitectónicos e relixiosos das parroquias de Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

A Asociación ofrecerá a todos os participantes, na metade do traxecto unha auga e algo de froita para recuperar forzas

O público que queira asistir tanto a andaina ten que anotarse mediante o facebook da asociación: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou mediante os teléfonos 637 764 865 e 678 929 633, prezo da inscrición 1€

28 de setembro de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.