publicidade hoxe

Medio Rural e do Mar inviste un millón de euros nas obras de mellora do abrigo de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+
O presidente de Portos de Galicia en Porto do Son

O presidente de Portos de Galicia en Porto do Son

A Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu preto dun millón de euros nas obras de mellora do abrigo do peirao de Porto do Son. O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá a zona na que se remataron as obras. En concreto, a actuación consistiu na ampliación do actual dique de abrigo en 30 metros en dirección sur-surleste, de xeito que mellora as condicións de seguridade das embarcacións que queden atracadas no interior da dársena. Así mesmo, está xa instalado, como complemento destes traballos, un pantalán de 39 metros para atraques de 30 embarcacións da 7ª lista (deportivas) na dársena interior do porto.

O proxecto inclúe tamén obras complementarias do dique, como son a canalizacion de alumeado, a instalación dunha varanda de aceiro e escaleiras no dique. Finalmente, como obras complementarias do pantalán, construíuse unha pasarela de 15 metros de lonxitude e 1 de anchura, instalándose fingers (brazos de amarre) e placas de numeración de prazas, subministro de luz e auga.

Esta actuación conta cun investimento de 996.270 euros e provén dunha partida de Fondos Europeos Feder que unicamente pode destinarse a instalacións de náutica recreativa. Deste xeito, Portos de Galicia decidiu outorgar esta achega a unha actuación que mellora a seguridade e operatividade do conxunto do peirao e dá resposta a unha problemática prioritaria para o ente público como é a dotación de abrigo a todos os peiraos autonómicos.

8 de setembro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.