publicidade hoxe

Máis de 400 corredores participarán na media maratón de “Costa da Vela”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

Esta mañá presentábase na Fundación Cangas Deporte a II edición da Media Maratón – 21K Costa da Vela, que se celebrará este domingo 13 de setembro entre as 10:30 e as 13:30 horas percorrendo dende Aldán ata Massó. A proba, por segundo ano consecutivo, está organizada pola Agrupación Deportiva Costa da Vela e conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

Este ano a participación aumentou con respecto ao ano pasado en máis de 100 participantes, chegando a ser máis de 400 corredores os que se darán cita o vindeiro domingo. Ademais das inscricións galegas, participarán corredores de varios puntos do país (Madrid, Asturias, León, Barcelona…) ademais do norte de Portugal.

O circuito sufrirá variacións con respecto a 2014, xa que a saída este ano será dende o peirao de Aldán e a meta será nasinmediacións de Massó (o ano pasado iba dende o xeriátrico de Aldán ata Areamilla). Ademais, en vez de bordear a praia de Melide, os corredores trazarán a parte alta da praia. 

A media maratón dará comezoás 10:30 horas e os corredores terán de prazo máximo 3 horas e media, tope que fixan para pechar o circuito. Estiman que o primeiro corredor chegueao redor das 12 horas. A entrega de premios terá lugar entre as 13:30 e as 14:00 horas. 

O secretario da Agrupación Deportiva Costa da Vela, Paulo Rocamonde, confía no éxito da proba nesta segunda edición e admite que estase a xerar “grande expectación nas redes sociais”. A inscriciónxa está cerrada, porén, anima aos veciños a que se acheguen a disfrutar da proba.

O Presidente- Delegado da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón quixosalientar a dimensión deste evento. Recoñece que a primeira edición tivo moi boa resposta e agarda que aconteza o mesmo este ano.

10 de setembro de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.