publicidade hoxe

LTV ou como aprender a facer teatro no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

A actriz e narradora Sherezade Bardají, o técnico Xacobe Castro e o actor Alfonso Romeo imparten tres obradoiros de creación, montaxe e medios no teatro. É o II Laboratorio Teatral de Vedra, que se celebra no concello coruñés durante dúas fins de semana de setembro.

É o segundo ano que o Colectivo Vedramáticos celebra o seu Laboratorio, unha actividade respaldada e financiada pola Xunta de Galicia. Desta volta os talleres desenvólvense os días 12, 13, 18 e 19 de setembro.

O LTV deste ano céntrase en tres áreas. Tres obradoiros dirixidos por profesionais de referencia no panorma cultural galego:

– Xacobe Castro imparte o Obradoiro de Medios Técnicos. Castro formou parte do equipo técnico do Grupo Chévere e nos últimos anos ten traballado con Os Quinquilláns, Fantoches Baj e nesta última tempada na produción galego-brasileira “Pangeia” de Limiar Teatro

– Sherezade Bardají é a responsable do Obradoiro de Creación Colectiva. Ela é actriz e narradora. Traballou na compañía galega Os Quinquilláns e formouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, comunidade onde agora desenvolve a súa labor de narradora.

– Alfonso Romeo falará sobre Montaxe Teatral. Escollémolo a el polo seu bagaxe multidisciplinar (actor e técnico teatral) en compañías galegas como Nut Teatro, Volta e dálle ou os Quinquilláns, así como pola súa formación en dirección de actores pola ESCAC.

O alumnado participará en tódolos obradoiros co fin de conseguir unha visión integral do proceso creativo.

As inscripcións para esta segunda edición do Laboratorio Teatral de Vedra están abertas ata o día 10 de setembro.

É una actividade para mozas e mozos de entre 16 a 30 anos e apuntarse é gratuíto! Só hai que escribirnos ao noso mail (vedramaticos@gmail.com) e cubrir a folla de inscrición facilitada.

9 de setembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.