publicidade hoxe

Kiko Veneno e M-Clan estarán nunhas Festas de San Froilán con máis de 200 actividades e 50 actuacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugo
A-
A+
Europa Press

O programa das festas patronais de Lugo, o San Froilán, que se celebrarán do 3 ao 12 de outubro, reúne “máis de 200 actividades” e “50 actuacións” ao longo deses dez días. O orzamento destes festexos, que pregoará o membro da Real Academia Galega Darío Xoán Cabana, ascende a 620.000 euros.

Das actuacións nestas festas, que contan co recoñecemento de Interese Turístico Galego e Festa de Interese Turístico Nacional, destacan Kiko Veneno, o sábado 4; M-Clan, o venres 9 de outubro; Siniestro Total, o 10; e Luar na Lubre, o domingo 11 de outubro. Os concertos celebraranse na Praza Horta do Seminario e na Praza de Santa María.

A alcaldesa, a socialista Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentaron o programa nunha rolda de prensa, na que a rexedora fixo fincapé en que se trata “dunhas festas pensadas para todos”.

A alcaldesa confía en que se supere a presenza “de 500.000 persoas”, como a edición pasada, á vez que destacou a homenaxe “especial” que se tributará ao que fose cronista oficial de Lugo, Xosé Trapero Pardo, no vinte aniversario do seu falecemento e que se fará a “través” de Radio Lugo da Cadena Ser, empresa á que estivo vinculado.

Pola súa banda a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, subliñou que “a banda sonora do San Froilán vai ser a música tradicional” e así sinalou que todos os barrios da cidade contarán con charangas e pasarrúas durante eses dez días.

23 de setembro de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.