publicidade hoxe

Jorge Puig logra o terceiro posto da milla de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarínMoañaPontevedra
A-
A+

Outro ano máis Marín volveu reunir ao mellor do medio fondo galego con celebración da súa Milla na estrada. A Sociedade Ximnástica non quixo faltar á cita coa presenza dalgunhas das súas figuras, a pesar de que a maioría están no período inicial da súa preparación anual.

Destacar a actuación de Jorge Puig que na carreira absoluta masculina, conseguiu subir ao podio no terceiro posto do caixón e nas carreiras para menores Pedro Santos impúxose na categoría infantil e Carolina Santos foi segunda na carreira alevín.

Vitoria de Robertas Geralavicius en Moaña 

A duodécima edición da carreira pedestre Concello de Moaña, xuntou a 300 corredores polas rúas de Moaña, que gozaron dunhas condicións climáticas favorables, para disputar os 10 quilómetros de percorrido.

Por segundo ano consecutivo un atleta da Sociedade Ximnástica levou a vitoria, nesta ocasión foi Robertas Geralavicius o que se impuxo claramente con máis de medio minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado.

28 de setembro de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.