publicidade hoxe

Iníciase o curso escolar na Fundación Pública Galega Camilo José Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela –que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- acaba de lanzar na súa web e no seu portal educativo http://camilinojosesino.blogspot.com.es/ a súa proposta educativa para o curso escolar 2015-2016.

Esta programación específica inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e posta a disposición de recursos TIC sobre a figura do premio Nobel, así coma o préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poderán traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas, nun ano tan especial para a Fundación coma o próximo 2016 no que se conmemorará o Centenario do nacemento do escritor padronés.

Todas as actividades incluídas na programación educativa da Fundación son gratuítas e precisan de reserva previa nos teléfonos e enderezos electrónicos habituais da Fundación.

II Concurso de micropoemas José García Nieto

Asemade, continúa aberto ata o 31 de outubro o prazo para a presentación de micropoemas á II edición do Concurso de micropoemas na honra do poeta José García Nieto que organiza a entidade de Iria Flavia conxuntamente coa Fundación José García Nieto de Madrid. Trátase dun concurso internacional a través da Internet e no que participan poetas en español de catro continentes a través da plataforma http://www.micropoemasfjgn.com/. Nesta segunda edición, os micropoemas deberán introducir os versos do poeta ovetense:
[…]
En mis manos estuvo el amor todo
y todo se me ha ido de las manos.
[…]
tomados da obra “Estas manos”, soneto II, versos 13-14, en “Sonetos españoles a Bolívar” (Caracas, Editorial Arte, Biblioteca Venezolana Ediviagro. Núm. 3, 1983.).

24 de setembro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.