publicidade hoxe

Inauguración da exposición “Navalleiros das Cíes”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Con motivo da II Festa da Navalla, que se celebrará en Cangas entre do 11 ó 13 de setembro, a Concellería de Desenvolvemento Local inaugura mañá mércores a exposición “Navalleiros das Cíes”.

A exposición fotográfica terá lugar no primeiro andar da Praza de Abastos e estará adicada á grande labor dos navalleiros na extracción da navalla das Illas Cíes. Anxela Vizoso, concelleira de Desenvolvemento Local sinala que “o obxetivo da exposición é poñer en valor esta arte de pesca, xa que moitos gustamos do produto, pero non sempre se coñece o traballo que hai detrás de tódalas fases do proceso de extración”.

Ó mesmo tempo agradece a Confraría de Pescadores o material fotográfico aportado, e convida a toda a veciñanza a visitar a exposición.

8 de setembro de 2015 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.