Importante baixada de impostos en Tordoia
No pleno ordinario celebrado no día de hoxe, modificáronse tres ordenanzas fiscais que suporán unha substancial baixada de impostos para os veciños no próximo exercicio 2016. O imposto de bens inmobles (IBI), establécese no 0,4% mínimo que permite a lei, así mesmo establécese unha redución do 50% da cota das construcións destinadas a usos agrícolas e gandeiros. Tamén a taxa de recollida de basuras se reducirá nun 10% e un 20% o imposto sobre as licenzas de obras.
Ditas ordenanzas foron aprobadas coa abstención do Partido Socialista, os votos a favor do Partido Popular yel voto a favor do Bng, fóra da ordenanza relacionada coa taxa do lixo. Por outra banda, o Alcalde Antonio Pereiro, informou aos asistentes de que foi presentada unha solicitude á Federación Española de Fútbol para a realización dunha bancada cuberta no campo de fútbol de Gorgullos por un importe de 56.243 €.