publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gran éxito do Campionato de España Femenino de Bolos Celtas en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Xogadoras do Xove

Xogadoras do Xove

Este pasado fin de semana celebrouse, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o VI CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato comezou ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde. O Campeonato o disputaron 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolveuse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.

CATEGORIA FEMENINA INDIVIDUAL

PAULA LOPEZ, do Club de Bolos Boiro, proclamouse  campiona de España de Bolo Celta. Este resultado non sorprendeu a ninguén dos que siguen esta competición, acaso existía a dúbida de si Blanca Lago (do Club de Bolos Estivada de Nigrán), varias veces Campeona de España, lle podería facer frente. Pois non, Paula López   impúxose sen dificultade facéndose co seu primeiro entorchado nacional. A verdade é que unha delicia vela xogar; a súa potencia e precisión nas tiradas é extraodinaria. Polo tanto, victoria merecidísima da xogadora boirense.

Pola parte do Club de Bolos Xove, Mª Carmen López aspiraba, como mínimo, a revalidar o subcampionato acadado o pasado ano, pero non puido ser, xa que non consigueu clasificarse entre as 8 finalistas. Pero a sorpresa deuna unha xove xogadora xovense: JULIA LÓPEZ, de só 12 anos, xogadora habitual da Liga Infantil de Xove, realizou un extraordinario campionato alzándose co 3º POSTO FINAL, sendo superada nas semifinais pola varias veces campiona de España Blanca Lago.  Destacado foi tamén o papel  doutra xogadora xovense nesta categoría; a vixente campiona da Liga de Xove, Belén Meitín, foi cuarta, sendo superada por Paula López nas semifinais e por Julia López na loita polo 3º e 4º posto.

CATEGORIA FEMININA – PARELLAS

Esta categoría xogouse cos resultados obtidos na Categoría Individual, e así a 1ª fixo parella co 16ª, a 2º coa 15ª, etc. Nesta categoría  todo o público estaba deseoso de ver se Paula López (do Club de Bolos  Boiro – A Coruña) era capaz tamén de gañar nesta categoría, xa que lle tocou de parella outra xogadora potentísima, Laura Redondo, tamén do Club de Bolos Boiro; Laura tivera unha mala tarde na clasificación individual, onde posiblemente os nervios do seu primeiro campionato de alto nivel a relegaron ao posto 16. Pois ben, a punto estiveron de conseguilo, pero ao final tiñéronse que contentar co subcampionato.

CARMEN ROCA do Club de Bolos Xove, formando parella coa asturiana PAULA ALONSO  do Club de Bolos Villatresmil de Asturias, conseguiron derrotar na final ás boirenses PAULA LÓPEZ E LAURA REDONDO por un claro 4 a 2. Desto xeito Carmen Roca resarcíase dos mal resultados obtidos na categoría individual e obtiña o seu primeiro entorchado nacional, superando así o subcampionato obtido o pasado ano na categoría individual.

Para o terceiro posto enfrentábanse BELÉN MEITÍN do Club de Bolos Xove formando parella co LAURA GONZÁLEZ do Club de Bolos de Camos – Nigrán contra VERÓNICA FERNÁNDEZ do Club de Bolos Compastur de Asturias e MONTSE VALVERDE do Club de Bolos a Rega de Nigrán. Pois ben, a xovense Belén Meitín, xunto coa súa compañeira Laura González, lograron importe e acadar o Terceiro Posto na final.

Un dos aspectos máis salientables do campionato foi o excelente ambente de compañerismo entre tódalas xogadoras, animándose unhas a outras sen distinguir se a que tiraba era unha compañeira de club ou non.

A organización do Campeonato correu a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio foi por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, tivemos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Na entrega de premios, ademáis dos representantes da Federación Galega de Bolos, participaron o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.

16 de setembro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.