publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Goretti Sanmartín avanza as novas liñas de colaboración cos concellos de Val do Dubra e Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaVal do DubraVimianzo
A-
A+

A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, mantivo xuntanzas na sede da Deputación cos alcaldes de Vimianzo, Manuel Antelo, e Val do Dubra, Antonio Negreira, a quen adiantou as novas liñas de colaboración cos concellos, ademais de tratar diversos asuntos de interese para os dous municipios.
Goretti Sanmartín trasladou aos dous alcaldes algunhas das prioridades das accións de goberno da Deputación na relación cos concellos nas que se terá en conta de maneira especial criterios de igualdade e xustiza. Defendeu a vicepresidenta da Deputación a necesidade de responder ás urxencias de pequenos e medianos concellos e atendeu as demandas presentadas tanto polo alcalde de Val do Dubra como polo de Vimianzo.

Manuel Antelo e Antonio Negreira convidaron á vicepresidenta a unha visita institucional aos seus concellos que se desenvolverá proximamente. No caso da xuntanza co alcalde de Vimianzo, na que particiopou o responsábel da área de Cultura e Patrimonio Histórico Artístico, Xosé Regueira, tratouse de maneira especial a xestión e o futuro do castelo, que é propiedade da Deputación.

As reunións, que transcorreron nun clima de grande entendemento, mostraron a vontade de chegar a acordos que se materializarán nos vindeiros exercicios en accións concretas e transferencias ás entidades municipais.

18 de setembro de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.