publicidade hoxe

Finalizan as obras de mellora e acondicionamento dos centros escolares de Curtis e Teixeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Os operarios municipais xa finalizaron as obras de mellora, reparación e posta a punto do CEIP de Teixeiro e Curtis, desenvolvidas como todos os anos durante os meses de verán para que os centros escolares se atopen en perfecto estado ao comezo do curso escolar. As actuacións no colexio de Curtis centráronse na eliminación das barreiras arquitectónicas coa construción no patio dunha rampla de acceso para persoas con minusvalías, así como da varanda do Centro de Lecer. Ademais, pintáronse os corredores interiores, catro aulas de infantil e o comedor. 

No caso de Teixeiro, as melloras consistiron, principalmente, no pintado exterior de todas as instalacións, a reparación das persianas e a colocación de nova iluminación nas zonas que o necesitaban. Unha vez terminadas as obras, a empresa concesionaria procedeu á limpeza xeral dos centros.

3 de setembro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.