publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferida grave unha muller tras caer accidentalmente dun primeiro piso en Forcarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiPortada dereitaSucesos
A-
A+

Unha muller resultou ferida de gravidade tras caer accidentalmente dende o primeiro piso dunha vivenda na localidade de Forcarei, na provincia de Pontevedra, segundo informa o CAE 112 Galicia.

   Segundo os datos de Urxencias Médicas, os feitos aconteceron sobre as 11.20 horas do sábado, cando a ferida caeu accidentalmente dende o primeiro piso dun inmoble situado no número 49 do lugar de Sanguñedo, na localidade de Forcarei.

   Os servizos sanitarios asistiron a muller, que foi evacuada no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.

   Alertados polo persoal do 112, axentes da Policía Local e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron ao lugar para colaborar co equipo médico nos labores de aterraxe da aeronave.

5 de setembro de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.