publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal de Nogueira de Ramuín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNogueira de Ramuín
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia homónima, quedou extinguido ás 20:21 horas. O lume, que se iniciou onte ás 22:00 horas, afectou a unha superficie provisional de 153 hectáreas, das cales 100 son de monte raso e o resto de arborado. Nos traballos de extinción participaron 8 axentes forestais, 29 brigadas, 16 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

9 de setembro de 2015 | 22:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.