publicidade hoxe

Evacuan a unha menor atropelada en Porto do Son e a unha muller que caeu na rúa en Avión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónPorto do SonSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha menor foi evacuada este martes en ambulancia tras ser atropelada no Camiño Novo, no municipio coruñés de Porto do Son, segundo informa o 112. Un particular foi o que pediu axuda ao centro de atención ás emerxencias e o equipo médico do helicóptero con base en Santiago trasladouse á localidade para atender á nena, que finalmente puido ser evacuada en ambulancia. A alerta foi recibida ás 16,20 horas e o persoal do 112 pediu a colaboración dos axentes da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Porto do Son.

Por outra banda, o equipo médico do helicóptero con base en Ourense desprazouse ao lugar de Abelenda, en Avión, para asistir a unha muller que sufriu unha caída na vía pública. O golpe provocoulle feridas “importantes”, segundo o 112, polo que urxencias médicas optou por unha evacuación urxente. O centro de atención ás emerxencias activou o operativo ás 14,00 horas tras a chamada dun particular e avisou aos servizos sanitarios, á Garda Civil e aos membros do GES.

1 de setembro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.